¿Quen somos?

Somos unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1977, que aglutina ás asociacións empresariais e empresas da provincia de Lugo que libremente unen esforzos e buscan o noso apoio profesional.

Máis información

Servizos

Proporcionamos aos nosos asociados representación institucional e servizos de información e asesoría xurídica, laboral, económico - fiscal, en materia de prevención de riscos laborais, comercio exterior, formación e emprego, comunicación…

Subscribimos convenios con outras entidades para facilitar aos nosos asociados o acceso a produtos e servizos adicionais en condicións preferentes de financiamento, a prezos reducidos e con descontos especiais.

Máis información

Asóciate

Contamos cun equipo de profesionais multidisciplinar, con probada formación e experiencia nas diferentes cuestións do día a día dunha empresa, sexa cal sexa o seu sector de actividade. Ante calquera problema ou dúbida, nós orientámoste.

Traballamos por e para tí. Coñécenos e asóciate.

Máis información

Lembra que para que podamos atender as túas consultas tes que estar asociado Máis información

Servizos

Xurídico

Contamos cun equipo de avogados con ampla experiencia no asesoramento e apoio xurídico ás empresas.

Esta área departamental, en estreita colaboración coa de Asesoría Laboral, proporciona ás empresas servizos como:

  • Preparación de alegacións e recursos administrativos
  • Contratos mercantís: redacción e revisión; intermediación en conflitos ente empresas…
  • Xestión de impagos
  • Medio ambiente: xestión de residuos, envases…
  • Consumo e comercio: normativa, calendario de festivos, expedientes sancionadores…
  • Asesoramento e tramitación de reclamacións ante empresas subministradoras.
  • Propiedade industrial
  • Normativa sectorialespecífica: transporte de mercadorías por estrada, estacións de servizo...
  • Arrendamentos urbanos: consultas, incidencias, redacción e revisión de contratos…
  • Urbanismo: plans de ordenación alegacións, …

juridico@cel.es