Escrito o:
Emprega-T Fest | Punto de encuentro de las empresas con el talento
O Concello de Lugo, xunto coa área de Orientación Laboral do Campus Terra da USC así como a Asociación de Empresarios do Polígono de Ou Ceao - As Gándaras organiza o festival de talento "Emprega-T Fest - Punto de encontro das empresas co talento", co obxectivo de potenciar as oportunidades laborais das persoas demandantes de emprego ou con ganas de mellorar a súa situación profesional así como facilitar a procura e contratación de traballadores por parte de empresas con necesidade de cubrir postos de traballo.
Esta actividade terá lugar o xoves, 19 de setembro de 2024, na Praza Horta do Seminario, en horario de 10:00 a 19:00 horas.
O evento estará estruturado da seguinte maneira:
- Casetas expositivas onde as empresas presentarán a súa oferta de RR.HH e como desenvolver a carreira profesional dentro delas.
- Zona de entrevistas rápidas ou Speed Dating. Neste espazo celebraranse entrevistas dunha duración de 15 minutos entre empresas e candidatos/as. Para poder candidatar a estas entrevistas, será necesario inscribirse previamente ás ofertas presentadas polas empresas na ligazón que se enviará proximamente.
- Mesas redondas e talleres formativos vencellados ao mercado laboral.
Tamén se contará cunha zona Gastro Fest con sesión vermú e food trucks e a partir das 19:00 h, foliada con música en directo.
PARTICIPACIÓN EMPRESAS
Ao longo desta xornada, que se celebrará de 10:00 a 19:00 horas, as diferentes empresas participantes poderán proporcionar información aos asistentes acerca da súa actividade, os perfís que están buscando incorporar e as oportunidades de desenvolvemento de carreira que poden ofrecer.
Paralelamente, habilitarase un espazo no recinto para entrevistas rápidas baixo a modalidade de speed dating co obxectivo de conseguir un match laboral e tempo record. Para elo, será necesario que con anterioridade, as empresas inscriban as súas ofertas en: https://empregat.arquivalugo.gal/ . As entrevistas terán unha duración de 10 minutos e serán realizadas coas persoas candidatas que as empresas previamente filtraron entre todas as candidaturas inscritas.
As empresas interesadas en participar cun espazo/stand, programar e manter entrevistas de traballo de candidaturas previamente inscritas, dar a coñecer ofertas de emprego, ou participar en mesas de dialógo, ponencias, charlas ou talleres formativos, poderán solicitarlo e inscribirse a través do siguente enlace: https://empregat.arquivalugo.gal/ ata o 17 de setembro ás 14:00 h.
MÁIS INFORMACIÓN
CONCELLO DE LUGO
982297361 | espazolab@lugo.gal | cei@lugo.gal
USC
982822854 | 982822860 | empregatfest@usc.gal