Escrito o:
Programa formativo avanzado en Economía Social
A Fundación CEL, co apoio da Rede Eusumo, retoma no mes de marzo as súas «accións formativas conectadas», unha serie de talleres prácticos dirixidos a cooperativas, entidades de economía social e emprendedores interesados neste tipo de fórmulas para iniciar o seu negocio.
Mediante un programa práctico de 18 horas, distribuídas ao longo de 5 sesións, búscase facilitar e dar a coñecer ferramentas avanzadas para a mellora do funcionamento interno das entidades de economía social e cooperativas, profundando en aspectos estratéxicos clave: legais, económico ? financeiros, de mercadotecnia e de xestión de persoas.
A través de casos de éxito, acódelas asistentes entrarán en contacto con economía social mediante experiencias reais. Ademais, poranse a disposición servizos de asesoramento e acompañamento aos grupos promotores e as entidades de economía social que os soliciten.
Máis concretamente, esta programada unha xornada de difusión e catro talleres formativos. AO FINAL DESTA ENTRADA pode descargarse programa completo en pdf.
PRAZAS LIMITADAS!