Escrito o:
Falsas mensaxes suplantan a Whatsapp
Fonte: INTECO.
Segundo a compañía de seguridade AVIRA, unha campaña fraudulenta está sendo utilizada para enganar aos usuarios facéndose pasar por un suposto servizo de buzón de voz do famoso programa de mensaxería móbil Whatsapp. Esta fraude utiliza a enxeñería social para incitar ao usuario a facer clic nun botón, que lle redirixirá a unha web fraudulenta, coa excusa de que ten unha mensaxe no seu buzón de voz. Distribúese a través de correos electrónicos con contido do tipo “You have a new voicemail” ou “1 New Voicemail”.
Máis información: http://cert.inteco.es/securityAdvice/Actualidad/Avisos_seguridad_no_tecnicos/detectados_falsos_mensajes_suplantan_al_servicio_whatsapp_20130926?origen=boletin