Escrito o:
Programa REINÍCIATE: DIXITALIZA A TUA Empresa
Dende a Deputación de Lugo ponse en marcha unha nova iniciativa dentro do Plan de Impulso da Economía da provincia. Logo do Bono Impulso a través do que se tratou de fomentar o consumo, lanzan este programa para que as pequenas empresas e autónomos da provincia dean un paso máis de carácter cualitativo e cuantitativo na súa xestión a través da dixitalización, fundamental para o seu mantemento no futuro.
Estamos falando do lanzamento, xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), do Programa REINÍCIATE: DIXITALIZA A TÚA EMPRESA.
Este proxecto componse de 16 programas divididos en dúas fases cun fin común: a Dixitalización das empresas lucenses.
Na primeira fase levaranse a cabo os seguintes desafíos:
Desafíos |
Comarca |
Data de inicio |
DESENVOLVEMENTO DE NEGOCIO DIXITAL |
Lugo capital |
2 de novembro |
RETO EN DIXITALIZACIÓN: xerando tráfico, captando e fidelizando ao cliente, creando capacidades |
A Mariña (Viveiro) |
2 de novembro |
RETO DE COMUNICACIÓN DIXITAL, entender os procesos de procura de información e procesos de compra |
Terra de Lemos (Monforte) |
2 de novembro |
XESTIÓN DE DIXITALIZACIÓN. Aspectos xerais. |
Meira - Terra Chá (Vilalba) |
2 de novembro |
RETO DE COMPETENCIAS DIRECTIVAS: crear confianza, capitanear a pluralidade |
Lugo capital |
17 de novembro |
RETO DE TRANSICIÓN ENERXÉTICA |
A Mariña (Foz) |
17 de novembro |
COVID, A OPORTUNIDADE DO CAMBIO |
Chantada - Ulloa |
17 de novembro |
Cada desafío ten unha duración de 3 meses (novembro-xaneiro). O programa inclúe sesións presenciais e telemáticas co obxectivo de realizar unha boa diagnose da situación particular de cada empresa, impartir a formación e desenvolver un acompañamento real de cada unha para responder ás súas necesidades específicas
Cada participante terá asignado un profesional que será o seu mentor ó longo do programa. El será o encargado de realizar a avaliación inicial e de establecer o plan de traballo en función das necesidades detectadas.
As accións prácticas que se levarán a cabo serán, entre outras, as seguintes:
✔ Realización ou actualización da páxina web
✔ Creación ou mellora das redes sociais
✔ Posicionamento na rede
✔ Marketing dixital
✔ Asesoramento en programas de Xestión e Facturación
O prazo de inscrición xa está aberto e pódese formalizar na web: lugoformaciondigital.es