Escrito o:
Formulario E29_C100_V3315
Información adicional sobre protección de datos para o formulario de inscrición e outros datos recollidos con motivo da celebración do obradoiro "Xestión da incerteza e do cambio na nova realidade" (12/11/2021)
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
- Identidade: Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
- CIF: G27019793
- Enderezo postal: Plaza de Santo Domingo, 6-8-2º; 27001 Lugo
- Teléfono: 982.231150
- Correo electrónico: lopd@cel.es
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os seus datos coa finalidade de xestionar e controlar o acceso a esta xornada; así como xustificar as actuacións realizadas.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Conservaremos os seus datos mentras sexan necesarios en previsión de posibles inspeccións e/ou reclamacións de documentación por parte da Excma. Deputación Provincial de Lugo, así como para xestión de certificacións e accións formativas similares.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para a recollida dos seus datos é o seu propio consentimento ou do seu representante legal para ser inscrito/a nesta xornada.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Os seus datos serán comunicados á Excma. Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos s/n - 27001 Lugo. Tlf. 982260000. www.deputacionlugo.org), na súa calidade de entidade financiadora; así como a Soluciones de Prevención y Salud SL (Rúa dos Carros 2 - 27003 Lugo. Tlf 982243071), na súa calidade de entidade impartidora.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Vostede ten recoñecidos, pola normativa aplicable á protección de datos, os dereitos de acceso aos datos personais, obtidos neste ou outros formularios, así como á súa rectificación ou supresión, á limitación ou oposición ao seu tratamento, á portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente en tratamentos automatizados.
Tamén ten dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control como, por exemplo, a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es)
Imaxes:
Durante o desenvolvemento das actividades, poderanse tomar fotografías como xustificación gráfica da execución das mesmas, así como para ser incluídas en noticias en RRSS, medios de comunicación e memorias anuais e páxina web desta confederación de empresarios.