Escrito o:
Connect-19: Aceleradora de comercialización de solucións frente á COVID-19
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da COVID-19: o Programa Connect-19.
O Programa Connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.
Poderán ser beneficiarias do Programa Connect-19 ata 20 PEMES gallegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertenecentes a calquera sector que conten cun produto ou servicio innovador, que poida contribuir á loita contra o impacto producido pola crise da COVID-19 e que sexa susceptible de incorporar de forma inmediata ao Mercado (nivel de madurez tecnolóxica TRL9) ou que se encontre xa no Mercado pero necesite impulso para o seu posicionamento.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto até o venres 10 de xullo ás 23:59 horas.