Voltar atrás

Escrito o:

IV Edición Premio Peme Lugo

O Banco Santander e a Cámara de Comercio de Lugo convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario O Progreso, a cuarta edición do Premio Peme do Ano. O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. 

O prazo de presentación de candidaturas para o premio Peme do Ano 2020 permanecerá aberto até o 18 de setembro de 2020.  

A esta nova convocatoria poden concorrer todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2019.

Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder, ademais, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego, e Empresa Responsable.

Con carácter extraordinario, nesta edición incluíuse unha mención especial á Mellor Iniciativa na Loita contra o COVID19, levada a cabo en 2020

A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2020, que se fallará no primeiro trimestre de 2021. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits e mención especial concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Como participar 

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán na web da Cámara de Comercio de Lugo, onde tamén se poden consultar as bases do concurso. 

Como nas pasadas edicións, o xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a actividade internacional, fixándose na evolución das exportacións e a apertura a novos mercados; e as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos socialmente responsables e, con carácter especial este ano, as accións levadas a cabo por loitar contra o COVID19. 

MÁIS INFO

Imprimir

Voltar atrás