Voltar atrás

Escrito o:

Programa Teleformación Internacionalización Xunta

A Xunta pon en marcha un programa formativo online gratuíto de apoio á internacionalización dixital dirixido a autónomos e pemes que desexen abordar cambios nas súas estratexias de introdución e consolidación das vendas nos mercados exteriores.

Esta iniciativa forma parte do Plan de transformación dixital, que o Goberno galego vén de activar para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a súa adaptación á actual situación derivada do Covid-19.

En total celebraránse oito talleres de orientación práctica e titorías individuais con expertos, a través dos que se proporcionará aos participantes capacitación neste eido, orientación e o acceso á rede de contactos profesionais do Igape en diferentes países.

A partir do vindeiro 29 de maio e ata o 17 de xullo, todos os venres terán lugar as sesión formativas, de 9 a 11 h e a través da ferramenta de videoconferencia Zoom.

Máis info e inscrición

Imprimir

Voltar atrás