Voltar atrás

Escrito o:

Webinar medidas económicas comercio

Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria, organizan o seminario web para profesionais do comercio e autónomos co obxectivo de darl a coñecer as principais medidas de choque desta entidade fronte ao coronavirus, e resolver as dúbidas ou consultas que poidan xerar.

Neste encontro específico para o sector da provincia de Lugo contarán coa presenza dos seguintes relatores:

  • D. José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo
  • D. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
  • Dª Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo
  • D. Juan Cividanes, Director Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Dito webinar terá lugar o próximo martes 26 de maio, ás 18.00 h (seis da tarte), a través da plataforma institucional para videoconferencias da Xunta, Cisco Webex.

INSCRICIÓN

Imprimir

Voltar atrás