Voltar atrás

Escrito o:

Presentación de propostas do sistema galego de I+D+i na loita contra o COVID-19

No contexto da emerxencia actual provocada pola pandemia do COVID-19, a Xunta lanza una chamada para identificar todas as capacidades do sistema galego de I+D+i na loita contra o novo coronavirus.

A través dun formulario web habilitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na páxina web da Axencia Galega de Innovación, recóllense as propostas de empresas e centros de coñecemento para aportar solucións innovadoras maduras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o COVID-19. O prazo límite para achegar as solucións é o venres 27 de marzo.

MÁIS INFO

Imprimir

Voltar atrás