Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Lei de Prevención de Blanqueo de Capitais e Financiación do Terrorismo
O Real Decreto-Lei 11/2018, de 31 de agosto, modificou a Lei de Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo (PBCyFT) da que emanan novas imposicións e sancións para os suxeitos obrigados: asesores fiscais, contables, auditores, xoiarías, inmobiliarias, promotores e axentes, fundacións e asociacións, corredores de seguros, avogados e procuradores.
Coa finalidade de abordar esta normativa e as claves para o seu cumprimento, Computer - 3 organiza, co apoio de diferentes colaboradores entre os que se atopa a CEL, unha xornada informativa en Lugo, que terá lugar o próximo día 21 de novembro, xoves, ás 10:00 horas, no Hotel Méndez Núñez.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón.