Voltar atrás

Escrito o:

SEGURIDAD INFORMÁTICA: APLICACIÓN Á EMPRESA

O próximo 4 de xuño , en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, impartirase en Lugo, nas instalacións da CEL, unha formación dirixida a todas aquelas empresas que manexan datos (persoais, financeiros, económicos...),, cos que han de ser coidadosos asegurándose a axeitada protección dos mesmos. 

O feito de non protexer adecuadamente os datos nunha empresa pode supor que a operatividade da mesma se vexa limitada, ademais de sufrir consecuencias económicas, persoais e mesmo en canto á honra e privacidade, incorrendo mesmo en sancións pecuniarias. As persoas responsables do tratamento de datos na empresa e, en xeral, os traballadores que realizan xestións cos mesmos, han de coñecer os riscos e medidas para previlos.

Ameazas

Actualmente existen unha infinidade de ameazas que chegan ás empresas a través do correo electrónico, acceso a páxinas web ou ao instalar diferentes aplicacións. Todas estas vías son manexadas diariamente nos centros de traballo, polo que é necesario saber actuar no seu uso para evitar riscos e perigos. As empresas deben coñecer as respostas a preguntas como:

  • Cales son as consecuencias de non levar a cabo acciones de seguridade informática?
  • Que pasaría se mañá perdésemos todos os nosos contactos, os ficheiros de datos, facturas, contabilidade?
  • Ou que algún estraño consiga os nosos datos e nos suplante nunha transacción ou acceda ás nosas contas bancarias, páxina web, Redes Sociais??


A formación "Seguridade Informática: Aplicación á Empresa" desenvolverase nun día práctico en Lugo (o 4 de xuño) e con documentación adicional en plataforma tutorizada, na que o asistente se achegará a ferramentas para definir a súa cobertura fronte a posibles ataques e xestión da súa propia seguridade informática, manter un almacenamento seguro, políticas de actualización, virus e malware (ataques a portos), contrasinais (xestores, tipos de contrasinais e autentificación de distintos servizos), firma dixital, perdas de datos ante fallos do hardware (NAS e nube), datos en Google...

Será impartida por un equipo de doutores en Informática, profesores da Facultade de Informática da Coruña e expertos en Seguridade Informática: Marcos Gestal Pouse e Julián Alfonso Dourado da Rúa. Máis información do programa descargable ao final desta entrada.

Bonificación

O curso cumpre os requisitos para bonificarse a través da Fundación Estatal para a Formación o Emprego (FUNDAE), que consiste en que as empresas, por cotizar en concepto de Formación Profesional á Seguridade Social, xeran un crédito ao seu favor fronte á Administración, para financiar as accións formativas que consideren oportunas e demanden para os seus traballadores que coticen polo réxime xeral da Seguridade Social.

Inscrición

As prazas para este curso son limitadas, polo que se require incripción previa a través da empresa que coordina esta formación, Dermofarmacia Formación, no seguinte contacto:

     Cristina Miranda Lameiro
     cristina@diconformacion.com
     Teléfono 881 247 014

Imprimir

Voltar atrás