Voltar atrás

Escrito o:

Fin de prazo ViaGalicia (6ª Edición)

Este luns, día 15 de abril, ás 12:00 horas, finaliza o prazo para presentar proxectos emprendedores candidatos a participar na sexta edición da aceleradora ViaGalicia.

ViaGalicia é unha aceleradora promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia mediante o cal se ofrece soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas: proporciona capital semente, formación a través dunha rede de mentoring, asesoramento intensivo e infraestruturas para a posta en marcha do proxecto empresarial. 

Considerada como a mellor de España segundo o ranking Funcas de viveiros e aceleradoras, ten a súa sede norte na nosa Fundación CEL, cuxo viveiro tamén foi recoñecido como o terceiro mellor no ranking global nacional dun total de 549 viveiros identificados..

Máis info

Imprimir

Voltar atrás