Escrito o:
III Premio Peme do Ano Lugo 2019
A Cámara de Comercio de España, a Cámara de Comercio de Lugo e Banco Santander convocan o Premio Peme do Ano en Lugo 2019.
Estes premios pretenden recoñecer o desempeño das pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo, cuxa actividade é fundamental para a creación de emprego e riqueza a nivel local.
A empresa gañadora do Premio Peme do ano 2019 en Lugo concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2019 que se fallará no primeiro trimestre de 2020. Así mesmo, as empresas gañadoras do diferentes accésit concorrerán ao accésit do Premio Nacional.
Ao final desta entrada poden descargarse as bases da convocatoria. As inscricións para candidatar poden efectuarse nesta LIGAZÓN.
Prazo de presentación de candidaturas aberto até o día 17 de maio.
Máis info tamén na web da Cámara de Lugo.