Escrito o:
Xornada Programa Responsabilízate 2018
A Consellería de Economía, Emprego e Industria presentará proximamente en Lugo as axudas da segunda edición do Programa Responsabilízate, a través do que ofrece apoios a pemes e autónomos de Galicia para a implantación de accións de responsabilidade social corporativa.
Esta presentación articularase como unha xornada de difusión práctica que inclúe un relatorio sobre o programa e a exposición de experiencias e boas prácticas en materia de RSE. Terá lugar nas instalacións da Fundación CEL o día 5 de xullo, xoves, en horario de 9:30 a 11:30 horas.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse enviando un mail a xunta@responsabilizate.org ou chamando ao 986 419 922 ext. 2024.