Escrito o:
Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2018
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018. O obxectivo destes galardóns é recoñecer o traballo dos/dos investigadores/as e dos/dos empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Comprende tres modalidades:
- Mellor traballo de investigación aplicada: dotado de 6.000€ netos, máis 4.000€ para a formación dun membro do equipo nun centro de investigación fóra de Galicia.
- Mellor caso de éxito en pemes: premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para pequenas e medianas empresas, dotado con 12.000€ netos.
- Mellor caso de éxito en grandes empresas: Premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para grandes empresas, dotado con 6.000€ netos para o grupo der investigación colaborador
Ao final desta entrada poden descargarse as bases, así como os formularios de candidatura para cada unha das modalidades. A presentación das candidaturas realízase vía telemática.