Escrito o:
Ben Empregado 4
A Deputación Provincial de Lugo ven de abrir o prazo de pre-inscrición, para desempregados con capacidades diferentes, no programa Ben Empregado 4, a través do que se financia:
1.- O 100% dos custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se trate de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral.
2.- O 90% dos custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para contribuír á importante actividade que desenvolven na provincia en atención á cidadanía.
3.- O 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia.
Máis adiante abrirase prazo de solicitude para empresas.