Voltar atrás

Escrito o:

Biopsia Líquida | Campaña de Micromecenado Oncomet

A biopsia líquida é un novo método, rápido e sinxelo, de análise de tumores a través dunha extracción de sangue, o que supón un gran avance na investigación contra o cancro.

Trátase dun dos campos máis prometedores actualmente no mundo da oncoloxía, no que o grupo de Oncoloxía  Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) leva traballando máis de cinco anos, situando a Galicia como referente nacional no marco do medicamento oncolóxico de precisión.

Para continuar e avanzar coa investigación, a fin de que os pacientes de cancro poidan beneficiarse canto antes das vantaxes deste novo método, Oncomet pon en marcha unha campaña de recadación de fondos, na que pode participar calquera persoa ou entidade interesada.

A biopsia líquida é unha técnica máis cómoda e menos agresiva (non invasiva); máis sensible e precisa e máis rápida e actualizada para a análise de tumores. Permite, ademais, a selección de ltratamiento máis adecuado, sguimiento d ela enfermendasd e do tratamento, o diagnóstico precoz, un estudo molecular do tumor, etc.

Como colaborar. Beneficios.

Os particulares e empresas interesados en colaborar con esta investigación, poden colaborar achegando calquera cantidade económica mediante transferencia bancaria á conta de ABANCA (ou nas súas oficinas): E68 2080 0300 8730 4556 7736, tamén a través da plataforma de micromecenazgo de Oncomet, chamando ao 981955344 ou enviando un mail a colabora.biopsia.liquida@oncomet.es.

Outra vía de colaboración é o envío de 

  • SMS coa palabra CANCRO ao 28014 1,20 €
  • SMS coa palabra CANCRO ao 38014 para achegar 6 €

*Custo 1,2 euros ao 28014 e 6 euros ao 38014 (doazóns íntegras para a Fundación para Investigación e Desenvolvemento Ramón Domínguez). Servizo de SMS para recadación de fondos en campaña de tipo solidario operado por Altiria TIC, e a Asociación Española de Fundraising. Nº atn. clte. 902 00 28 98 apdo. correos 36059, 28080 Madrid. Colaboran Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel

Por outra banda, estas achegas poden acollerse á Lei 49/2002 de beneficios fiscais para este tipo de doazóns: 

  • Os particulares terán unha dedución na declaracion da renda do 75% nos primeiros 150 euros, e dun 30% no resto da achega.
  • As empresas terán unha dedución no imposto de sociedades de entre o 30% e o 40% da achega.

Igualmente, o nome e logotipo dos colaboradores (particulares e empresas) aparecerá na web de Oncomet como colaboradores. As empresas recibirán, ademais, un distintivo para webs e establecementos.

Campaña aberta ata o día 12 de abril de 2017.

MÁIS INFORMACIÓN

Imprimir

Voltar atrás