Escrito o:
Re-Acciona TIC para empresas de Lugo
A nosa Fundación CEL está a colaborar con Estratega Consulting e a Fundación CTIC na difusión entre as empresas da provincia de Lugo do catálogo de servizos do Re-acciona TIC, un programa de servizos especializados para micropymes e pemes posto en marcha en 2016 por Igape e Amtega para facilitar a execución de proxectos de mellora da competitividade das empresas galegas no ámbito dixital.
Entre estes servizos atópanse o de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa que identifica, a través dun informe de diagnóstico dixital, as principais necesidades/oportunidades que a empresa ten nese ámbito. Permite realizar unha primeira "foto" do grao de modernización tecnolóxica da peme e establecer unha "folla de ruta" para a implantación das solucións recomendadas, algunha das cales pode autoimplantarse de forma forma temperá e tutorizada, favorecendo a mellora inmediata da actividade da peme neste ámbito. A maiores, a contratación deste servizo proporciona vantaxes para o acceso ao resto de servizos Reacciona TIC (25 puntos de valoración adicional), ao contar a peme xa cunha análise previa neste ámbito.
Os servizos son financiados no seu maior parte por Re-acciona TIC a través do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. As empresas interesadas en participar na próxima convocatoria (que se pecha o día 28 deste mes de febreiro), poden porse en contacto coa Fundación CEL a través deste FORMULARIO ou do número de teléfono 982 28 41 50, e informaráselles detalladamente do servizo ofertado así como da axuda que proporciona Igape e Amtega.