Escrito o:
Xornada PRL Sector Vitinícola Ribeira Sacra
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza en Monforte de Lemos una Xornada Técnica sobre "Prevención de Riscos Laborais no Sector Vitinícola", na que se abordarán aspectos relativos aos riscos laborais existentes nos distintos traballos do sector vitivinícola, con atención ao uso de equipos de traballo e manipulación de cargas, entroutras cuestións.
Terá lugar o día 12 de marzo, xoves, a partir das 19:15 horas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Monforte de Lemos (Salón do Centro do Viño, C/Comercio, 6).
Programa
19:15 RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
19:30 PRESENTACIÓN
- Angel López Álvarez. Xefe do Centro do Issga en Ourense
- José Manuel Rodríguez González. Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
19:40 OS RISCOS DE SEGURIDADE E A UTILIZACIÓN DOS EQUIPOS DE TRABALLO
- Héctor González Nóvoa. Técnico do ISSGA
20:10 OS RISCOS DO AMBIENTE DE TRABALLO, O USO SEGURO DE SUBSTANCIAS E MESTURAS E A MANIPULACIÓN DE CARGAS
- Estrella Cancio Fernández. Técnica do ISSGA
- Juan Luis Casas López. Técnico da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas
21:00 COLOQUIO E PECHE
- Angel López Álvarez. Xefe do centro do Issga en Ourense