Escrito o:
Apoios financieros á inversión industrial
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou recentemente as ordes que regulan os apoios financieiros á inversión industrial, no marco da política pública de reindustrialización e fomento da competitividade industrial.
O programa de reindustrialización ten por obxecto o financiamento de actuacións de creación, ampliación e/ou traslado de establecementos industriais.
Pola súa banda, o programa de fomento da competitividade industrial céntrase na financiación de plans de mellora da competitividade (incorporación de tecnoloxía innovadora a produtos e procesos, aumento da eficiencia enerxética, reducción de impacto ambiental, etc.).
En base a ámbolos dous programas publicáronse diferentes ordes que regulan as convocatorias destes apoios financieiros, préstamos que a través do que as pemes poden chegar a financiar ata un 80% do orzamento da inversión financiable (tendo en conta que ésta será dun mínimo de 100.000 euros no caso de pemes, 750.000 se falamos de gran empresa). Poderán optar como beneficiarios destes préstamos as sociedades mercantís privadas que desenvolvan unha actividade industrial.
Máis info
Os interesados nestos apoios poden obter máis información na área de Documentación (acceso privado a asociados). Igualmente, as empresas integradas na CEL poden solicitar asesoramento sobre estos ou outros programas de axuda ós técnicos do Departamento Económico - Fiscal da entidade.