Escrito o:
Publicadas varias ordes de axudas de ámbito autonómico
Tras varios meses con todas as convocatorias pechadas, durante as últimas semanas publicáronse varias ordes e resolucións regulando axudas de diversa índole no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de interese para microempresas, pemes e emprendedores.
Entroutras, na área de novas tecnoloxías déronse a coñecer as axudas para microempresas rurais e as orientadas a facilitar o acceso a Internet de banda larga vía satélite. Tamén se publicaron subvencións de carácter sectorial, concretamente para lácteos, productos pesqueiros, apicultura, forestal, hostalaría e turismo ou vitinícola.
Igualmente, déronse a coñecer apoios para a mellora ambiental no entorno das pemes.
En próximas datas espéranse novas convocatorias de axudas. As empresas asociadas á CEL poden obter máis información e asesoramento sobre estos programas de incentivos a través dos nosos técnicos do Departamento Económico – Fiscal e a través da área de Documentación da nosa web (acceso restrinxido a asociados).