Escrito o:
Nova edición do proxecto Abrócha-T
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) inicia a finais deste mes en Monforte un proxecto divulgativo encamiñado a promover a seguridade e a saúde na contorna laboral fomentando o coñecemento e correcto uso de Equipos de Protección Individual (EPIs).
Con este obxectivo, organiza tres xornadas informativas, que terán lugar nas zonas sur, centro e norte da provincia, nas que se analizará con detalle o Real Decreto 773/1997, que regula o uso dos EPIs, así como normas básicas de uso dos Equipos de Protección Individual, unha das medidas de prevención de riscos laborais de maior importancia para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores.
Os asistentes recibirán, de forma totalmente gratuíta, un Kit de Seguridade (chaleco acolchado, chaleco reflector, luvas de protección, lentes de protección e protectores auditivos).
Calendario
Concretamente, as xornadas terán lugar, en horario de 18:00 a 20:00 horas, en Monforte, o xoves 23 de maio, no Centro de Maiores); en Lugo, o mércores 29 de maio, na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL, e en Ribadeo, o xoves 6 de xuño, no Salón de Actos da Antiga Casa Sindical).
O acceso a estas xornadas, que contan co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Laborais, é gratuíto e aberto a todo tipo de colectivos, pero as prazas son limitadas, polo que se require tramitar previamente inscrición enviando a ficha de inscrición dispoñible ao final deste post ao número de fax 982 24 07 69 ou escaneada á dirección de e-mail sft@gruposoluk.com.
Máis información no número de teléfono 982 24 30 71.
PECHADA POSIBILIDADES DE INSCRIPCIÓN VÍA WEB