Escrito o:
Obrigas facturación electrónica | Mesa aberta con especialistas en software
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acollerá o próximo día 12 de marzo de 2024, martes, ás 12:00 horas, unha xornada informativa co Grupo Solitium acerca da implantación de software certificado para a Lei Antifraude e a Lei Crea e Crece.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer as características necesarias que todo software deberá cumprir e que permitirán aos empresarios adaptarse á nova normativa.
Presentaranse, ademais, casos de éxito e boas prácticas e terminarase a xornada cunha quenda de preguntas que responderán os relatores:
- Jaime López: Especialista consultor en software de xestión empresarial con máis de 10 anos de experiencia.
- Gerardo Portugués: Especialista preventa en software de xestión documental e solucións tecnolóxicas con máis de 10 anos de experiencia.
Con café networking final.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN: