Escrito o:
Curso de Promoción Turística Local e Información ao Visitante
No marco da programación formativa AFD (Accións de Formación dirixidas prioritariamente a Desempregados) 2013, a CEL impartirá no seu Centro de Formación un curso de Promoción Turística Local e Información ao Visitante. Pertencente á familia profesional de Hostelería e Turismo, terá unha duración de 708 horas e a súa correcta finalización dará acceso ó seu alumnado a un certificado de profesionalidade de nivel 3.
Código: HOTG0208
Data de inicio: 23 de maio de 2013
Data de finalización: 13 de decembro de 2013
Horario: de 9:00 horas a 14:00 horas.
Módulos:
- Información turística (180 horas)
- Produtos turísticos locais (180 horas)
- Xestión de unidades de información e distribución turística (120 horas)
- Inglés profesional para o turismo (90 horas)
- Módulos transversais (18 horas)
- Módulo de prácticas profesionais non laborais (120 horas)
Requisitos de acceso:
Estar en posesión de titulación en Bacharelato, COU, FP II ou Grao Superior de FP.
Os interesados neste curso terán que dirixirse á súa Oficina de Emprego.
Máis info do certificado na web da Consellería de Traballo e Benestar.