Voltar atrás

Escrito o:

A CEL organiza un obradoiro de innovación en Chantada no marco do Conecta Lugo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza este venres en Chantada o obradoiro “Primeiros pasos cara a innovación”, posto en marcha pola entidade no marco do programa Conecta Lugo, que desenvolve dende fai dous anos co apoio da Xunta de Galicia.

Este obradoiro será práctico e intensivo, de dúas horas de duración (de 17 a 19 horas), polo que a asistencia está limitada a dez pequenas ou medianas empresas e/ou emprendedores, preferentemente dos sectores vitivinícola, agraolimentario ou turístico. Ademáis, está prevista a participación de Francisco Conde, vicepresidente primeiro e consellerio de Economía, Industria e Innovación. 

As empresas accederán, a través de este obradoiro, a un diagnóstico e necesidades de innovación: cada participante poderá expor a problemática que atopa no seu día a día, realizándose unha DAFO estratéxica de cada caso para analizar as situación particular de partida. Tralo diagnóstico, analizaranse as solucións innovadoras de maior interese para cada empresa e proporase un itinerario individualizado de actuacións para a súa aplicación. 

O obradoiro, gratuito, terá lugar no Telecentro de Chantada. Os interesados aínda poden inscribirse nesta ligazón.

Conecta Lugo

Conecta Lugo é un programa de tutelaxe e asesoramento posto en marcha pola CEL co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica. Busca unha mellora no acceso das pemes lucenses, en especial as ubicadas no rural, ás axudas para modernización, innovación ou mellora da competitividade, entroutras, habilitadas pola Administración Autonómica.