Voltar atrás

Escrito o:

VII Premio Peme do Ano de Lugo

A Cámara de Comercio de Lugo e Banco Santander convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario O Progreso, a sétima edición do Premio Peme do Ano. O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. 

O prazo de presentación de candidaturas para o premio Peme do Ano 2023 FINALIZA ESTE VENRES, DÍA 28 DE ABRIL ÁS 20:00 HORAS.  

A esta nova convocatoria poden concorrer todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2022 que teñan a sede social na provincia de Lugo. 

Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego, e Peme Sustentable. 

A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2023, que se fallará no primeiro trimestre de 2024. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Como participar 

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán na web da Cámara de Comercio de Lugo, onde tamén poden consultar as bases do concurso

O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a internacionalización da empresa; as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sustentables nos que participaron.