Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Venda de Produtos e Servizos Turísticos

No marco da súa programación formativa AFD (Accións de Formación dirixidas prioritariamente a Desempregados) 2013, a CEL impartirá no seu Centro de Formación un curso de Venda de Produtos e Servizos Turísticos. Pertencente á familia profesional de Hostalaría e Turismo, terá unha duración de 688 horas e a súa correcta finalización dará acceso ó seu alumnado a un certificado de profesionalidade de nivel 3.

    Código: HOTG0208

    Data de inicio: 29 de maio de 2013

    Data de finalización: 13 de decembro de 2013

    Horario: de 15:30 horas a 20:30 horas.

    Módulos:

  1. Promoción e  venda de servizos turísticos (250 horas)
  2. Procesos económico - administrativos en axencias (90 horas)
  3. Xestión de unidades de información turística (120 horas)
  4. Inglés profesional para o turismo (90 horas)
  5. Módulos transversais (18 horas)
  6. Módulo de prácticas profesionais non laborais (120 horas)

Requisitos de acceso:

Estar en posesión de titulación en Bacharelato, COU, FP II ou Grao Superior de FP.

Os interesados neste curso deberán dirixirse á súa Oficina de Emprego.

Máis info do certificado na web da Consellería de Traballo e Benestar.