Escrito o:
ICM, recoñecida por Ardan como empresa excelente
Instituto de Estudios Celulares y Moleculares – ICM, con sede en Lugo e membro do Consello Asesor da CEL, ven de ser recoñecida cos premios ARDAN do Consercio Zona Franca de Vigo (CZFV) como empresa excelente.
En total, ICM é merecedora de catro indicadores de excelencia ARDAN: Empresa Gacela, Empresa de Alto Rendemento, Empresa Xeradora de Riqueza e Empresa de Alta Produtividade.
Das 35.651 empresas analizadas polo CZFV, soamente o 3,93% conseguiu un ou máis indicadores ARDÁN, en total son 1.401 compañías, e soamente doce, entre elas ICM, máis de catro.
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) felicita a ICM pola súa traxectoria e este recoñecemento ao seu labor e destaca que é “un luxo contar con instalacións como as de ICM en Lugo, un orgullo para unha provincia necesitada de empresas innovadoras, cunha actividade xeradora de valor engadido e riqueza máis aló dos sectores xa fortes e tradicionalmente asociados a este territorio.
ICM
ICM foi no ano 1997 en Lugo, onde continúa tendo a súa sede, como o primeiro laboratorio privado de xenética de España. Naceu “co espírito de servir de apoio á comunidade médica na caracterización e diagnóstico molecular das patoloxías xenéticas”.
Desde a súa posta en marcha, ICM consolidouse como centro de referencia en xenética, prestando servizos a gran parte dos laboratorios de España, hospitais públicos e privados, Universidades e aseguradoras médicas. Neste momento é o centro con maior capacidade de diagnóstico de xenotipado de España (e segundo de Europa). Dende 2020 forma parte de Grupo Atrys.