Escrito o:
A CEL, nos encontros do EO
A CEL estivo representada onte na IV Edición de Encontros do EO, que contou coa participación de Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias, e Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
Organizados pola Corporación Voz de Galicia, coa colaboración nesta ocasión de Banco Sabadell, esta edición dos Encontros do EO buscaba que os máximos representantes autonómicos do noroeste reflexionasen sobre cuestións crave para as Comunidades de Asturias e Galicia, concretamente impostos e financiamento autonómico, gasto social e investimento en sociedade nos orzamentos do 2023 ou cooperación Asturias-Galicia e retos de ambas as comunidades.