Escrito o:
Curso de Xestión Integrada de Recursos Humanos
No marco da súa programación formativa AFD (Accións de Formación dirixidas prioritariamente a Desempregados) 2013, a CEL impartirá no seu Centro de Formación un curso de Xestión Integrada de Recursos Humanos. Pertencente á familia profesional de Administración e Xestión, contará cunha duración total de 808 horas e a súa correcta finalización dará acceso ó seu alumnado a un certificado de profesionalidade de nivel 3.
Código: ADGD0208
Data de inicio: 21 de maio de 2013
Data de finalización: 29 de novembro de 2013
Horario: de 9:00 a 15:00 horas
Módulos:
- Xestión administrativa das relacións laborais (210 horas)
- Xestión de recursos humanos (150 horas)
- Xestión de sistemas de información e arquivo (120 horas)
- Ofimática (190 horas)
- Módulos transversais (18 horas)
- Módulo de prácticas profesionais non laborais (120 horas)
Requisitos de acceso:
Estar en posesión de titulación en Bacharelato, COU, FP II ou Grao Superior de FP.
Os interesados neste curso deberán dirixirse á súa Oficina de Emprego.
Máis info do certificado na web da Consellería de Traballo e Benestar.