Escrito o:
CEL e Diputación reforzan a atencións empresas de Lugo cun gabinete de impulso exterior
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Eduardo Valín, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para potenciar a proxección exterior das empresas lucenses pondo en marcha o proxecto denominado CEL Expansión 2022.
Segundo destacou o presidente da Deputación, refórzase "moito na CEL o servizo de asesoramento en axudas e outros incentivos para mellorar a competitividade e posición das empresas fose do país".
Igualmente, Tomé enmarcou a iniciativa no diálogo e colaboración permanente que mantén a Deputación cos sectores produtivos para impulsar o seu desenvolvemento. Nesta liña, Eduardo Valín subliñou o "apoio constante da Deputación ás empresas e empresarios e Lugo en xeral e ás propostas da CEL en particular".
José Tomé apuntou que este proxecto responde á necesidade de mellorar as exportacións da provincia, que caen de maneira continuada desde o 2015, segundo reflicte o informe de Lugo en Cifras 2021, que elabora a propia CEL co apoio da Deputación. Esta publicación apunta que a provincia de Lugo exportou o ano pasado ao redor de 585 millóns de euros e importou case 725 millóns, o que deixa unha balanza comercial negativa co exterior por valor de preto de 140 millóns de euros. Segundo este informe, máis do 80% das transaccións no exterior segue efectuándose cara a países da Unión Europea, cando hai oportunidades en mercados como Xapón ou os Estados Unidos.
O proxecto
Entre as actividades previstas no proxecto CEL Expansión 2022 subvencionadas pola Deputación está habilitar un servizo específico, baixo o nome de Gabinete Impulso Ext, para apoiar ás empresas da provincia durante este ano fronte aos efectos do conflito en Ucraína. Este servizo facilita información útil e actualizada sobre o impacto da guerra, asesoramento sobre axudas específicas ou datos sobre os mercados alternativos para as empresas exportadoras.
Ofreceranse tamén dúas formacións específicas sobre o mercado de Estados Unidos e Xapón. O primeiro é interesante para as empresas exportadoras da provincia porque presenta oportunidades en sectores como o vitivinícola ou o do produto gourmet; o segundo porque representa unha ocasión para as industrias de produtos feitos a man, enerxías renovables, servizos asistenciais, biotecnoloxía ou distribución e loxística.