Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Novas axudas IGAPE

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) organizan, no marco das actividades das Oficinas Conecta Lugo, unha xornada informativa sobre as novas liñas de axudas do Igape para empresas, pemes e micropemes galegas.

Máis concretamente, informarase das axudas á dixitalización INDUSTRIA 4.0, os apoios á implantación de solucións avanzadas de loxística e os apoios á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular. 

A xornada, que terá lugar no Centro Cívico de Monforte de Lemos (Paseo do Malecón, s/n) o próximo día 24 de agosto, mércores, a partir das 12:30 horas, contará coa intervención de Eladio Otero, subdirector de Desenvolvemento de Negocio do Igape.

Posibilidade de asistencia presencial ou online. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA NOVAS AXUDAS IGAPE 24/08/2022