Escrito o:
A CEL asina un convenio con SANITAS con condicións especiais en atención sanitaria para os seus empresarios asociados, traballadores e familiares
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu recentemente o acto de firma dun convenio de colaboración entre esta entidade e SANITAS, a través do que se ofertarán servizos de saúde desta compañía en condicións vantaxosas para os empresarios de Lugo e os seus traballadores.
Máis concretamente, os beneficios do acordo serán extensibles a todas as empresas asociadas a calquera das Asociacións que integran CEL, os seus empregados e os cónxuxes e fillos, sempre que convivan con estes, así como os empregados da propia CEL e familiares destes.
Ao acto de firma do acordo asistiron Roberto Cajide, director de zona de Galicia e Asturias de Sanitas, e o secretario xeral da CEL, Jaime López.
Beneficios do convenio
Os empresarios e traballadores interesados en acollerse ás condicións do convenio entre CEL e Sanitas terán acceso ao cadro médico desta compañía de seguros de saúde, que ofrece unha ampla rede sanitaria conformada por máis de 50.000 profesionais en centros propios e concertados.
En virtude do acordo, Sanitas tamén organizará talleres online e presenciais de promoción da saúde para as empresas asociadas á CEL que o soliciten.