Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Programa Bonos Innovación
A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acollerá o próximo día 28 de xuño, martes, a partir das 9:00 horas, unha xornada informativa sobre a nova convocatoria Programa Bonos de Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
O obxectivo desta xornada, que se celebrará en modalidade mixta (posibilidade de asistencia presencial ou online), é presentar a nova convocatoria e dar a coñecer os requisitos e características da mesma, así como, e sobre todo, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades. Ao final desta entrada pode descargarse programa completo da xornada en pdf.
Bonos innovación
O programa Bonos Innovación está dirixido a pemes (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), que realicen actividades de innovación que poidan levar a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para alcanzar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.
PRAZAS LIMITADAS. Obrigatoria inscrición a través desta ligazón.