Escrito o:
ATA intégrase na CEL para reforzar a atención de ambas entidades aos autónomos da provincia de Lugo
Lorenzo Amor, presidente da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) e vicepresidente de CEOE, desprazouse a Lugo con motivo dunha visita institucional á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) que incluíu percorrido polas instalacións da súa sede central, firma no libro de ouro e dun convenio de colaboración entre ambas as entidades orientado a compartir sinerxías co obxectivo de mellorar a atención aos autónomos da provincia de Lugo.
O secretario da CEL, Jaime López, destacou tras a firma que esta colaboración entre ATA e a CEL ven certificar un apoio mutuo que fortalece aínda máis á CEL, a ambas as organizacións e aos servizos de apoio aos autónomos que as dúas entidades realizan.
Reforma Laboral
Amor, que estivo acompañado do presidente de ATA Galicia, Rafael Granados, formou parte tamén do panel de expertos dunha xornada informativa organizada na mañá de hoxe pola CEL sobre Reforma Laboral e Diálogo Social, na que se analizou, dende diferentes puntos de vista, a nova normativa que regula as relacións laborais. A xornada celebrouse na modalidade mixta (presencial e online) e congregou en total a máis de corenta asistentes.
Na súa intervención, Lorenzo Amor quixo subliñar o valor do diálogo social como patrimonio importante da democracia e a súa capacidade de xerar acordos e dar froitos de verdade, “sempre que o diálogo social é sincero” e “non se fan as cousas desde puntos de vista partidistas”. Nese senso, referendou a última reforma laboral, como froito dun acordo entre os diferentes axentes sociais e independentemente de que sempre existan aspectos “que gusten máis ou menos” ou susceptibles de mellora.
Na xornada, inaugurada polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta, Pilar Fernández, tamén participaron como relatoras Guadalupe Hervera, técnico da CEL especializada en negociación colectiva; Demetrio Fernández, director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia, e Juan Antonio Frago Amada, avogado, fiscal de delitos económicos en excedencia e socio responsable da Área Penal de Frago & Suárez.