Voltar atrás

Escrito o:

Os empresarios de Lugo resolven dúbidas na CEL sobre as axudas InnovaPeme e DeseñaPeme

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu unha xornada informativa sobre os programas de axuda InnovaPeme e DeseñaPeme da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Máis de corenta acodes asistiron a este encontro, que se celebrou na modalidade mixta (presencial e oline), e no que os asistentes puideron resolver dúbidas concretas sobre estas liñas de axuda cuxo prazo de solicitude finaliza xa este mes. 

A xornada foi presentada pola secretaria xeral adxunta e responsable dos Servizos Xurídicos da CEL, Lourdes Pardo, e contou coas achegas de Patricia Fernández Liz, directora de servizos de GAIN, e Patricia López Quintiá, técnico de Xestión de Proxectos de GAIN.

InnovaPeme e DeseñaPeme

As convocatorias InnovaPeme e DeseñaPeme que están abertas ata o 18 e o 23 de maio, respectivemente. InnovaPeme está destinada a incrementar a capacidade innovadora das pemes e microempresas galegas a través de actividades integradas en plans de innovación, mentres que DeseñaPeme apoia a incorporación do deseño como elemento estratéxico nas organizacións como unha ferramenta imprescindible para a innovación.

Por unha banda, a quinta edición de InnovaPeme, dotada cun orzamento de 2,8M€, permitirá ás beneficiarias sistematizar os procesos de innovación da empresa a través do financiamento de actividades como estudos de novos produtos ou servizos innovadores, asesoramento en innovación, solucións innovadoras que melloren a produción, novas metodoloxías que incidan positivamente no funcionamento interno da empresa, identificar tecnoloxías clave do seu negocio, mellorar a comercialización de produtos e servizos, captar financiamento ou protexer industrialmente os seus resultados.

Esta convocatoria, de concorrencia competitiva, prevé outorgar axudas de entre 40.000 a 100.000 euros a preto de 40 empresas e, deste xeito, contribuír a incrementar o número de compañías innovadoras, potenciar a colaboración das pemes galegas co resto de axentes do ecosistema e aumentar o gasto de I+D e de actividades vencelladas á innovación.

Pola súa banda, a segunda edición de DeseñaPeme, dotada cun orzamento de 1,5M€, ten como obxectivo apoiar 50 proxectos centrados no deseño de produto, de servizos e experiencias, así como de marca e identidade corporativa para favorecer a posición das empresas. As axudas, de concorrencia competitiva, valorarán a xeración de deseños sustentables e outorgarán apoios de entre 5.000 e 100.000 euros. 

Ao final desta entrada poden descargarse presentacións detalladas de cada un dos programas de axuda analizados na xornada.