Voltar atrás

Escrito o:

Unha trintena de empresas infórmanse dos fondos Next Generation e outras axudas na CEL

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe unha xornada informativa sobre a situación actual e perspectivas de futuro dos fondos Next Generation, organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Celebrada en modalidade mixta, presencial e online, contou cunha trintena de asistentes e coas intervencións do secretario da CEL, Jaime López; do director xeral do Igape, Fernando Guldrís; do subdirector xeral de Proxectos Tractores do Igape, Santiago Álvarez e do CEO de Medrar Smart Solutions, Hugo Criado, que explicou a súa experiencia coas axudas autonómicas.

Ademais dos fondos Next Generation, tamén se informou do mapa de apoios do Igape 2022, no que se enmarcan diferentes liñas de axuda á actividade empresarial.

O secretario da CEL, Jaime López, destacou na súa intervención que os fondos Next Generation "están aí e son unha oportunidade" e que anuncios como o da instalación do Grupo Altri en Palas de Rei dan "unha idea do seu potencial". Igualmente lembrou o programa de puntos de asesoramento Conecta Lugo que mantén coa Xunta de Galicia para apoio en materia de axudas e animou ás empresas a recorrer a estes servizos (que poden solicitarse a través desta ligazón).