Voltar atrás

Escrito o:

Día Mundial da Seguridade a Saúde no Traballo 2022

Mañá, 28 de abril, conmemórase coma todos os anos o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, unha data conmemorativa que a Organización Internacional do Traballo (OIT) aproveita anualmente para impulsar campañas de sensibilización e concienciación dirixidas a centrar a atención internacional sobre a magnitude do problema dos riscos laborais e sobre como a creación e promoción dunha cultura da seguridade e a saúde pode axudar a reducir o número de mortes e lesións relacionadas co traballo. 

Neste senso, neste 2022 a campaña desta data céntrase en potenciar o diálogo social cara unha cultura de la seguridade e saúde. Con este obxectivo, a OIT ven de publicar o Informe “Fomentar o diálogo social para unha cultura de seguridade e saúde: Leccións aprendidas da COVID-19”, que se pode descargar na súa páxina web, nesta ligazón

Recomendamos a lectura deste informe, do que se extraen conclusións importantes para traballadores, empresas e axentes sociais de cara á mellora na cultura e actividades preventivas.

Por outra banda, e coincidindo tamén co Día Mundial da Seguridade e Saúde Laboral 2022, dende a CEL organizamos o WEBINAR de PRL “Riscos Psicosociais, Protocolos de Acoso Laboral e Plans de Igualdade”, en horario de 10:00 a 12:00 horas. O acceso é gratuito e a inscrición continúa aberta. 

Para calquera dúbida ou consulta sobre prevención de riscos laborais, lembramos que están operativos os servizos de asesoramento do Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL.