Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Oportunidades para as empresas nos Fondos Next Generation
A sede central da CEL acolle o vindeiro mércores, día 27 de abril, unha xornada informativa sobre a situación actual e perspectivas de futuro dos fondos Next Generation, no que tamén se informará sobre outros programas de axuda para as empresas a nivel autonómico.
O encontro, que terá lugar de 10:00 a 11:30 horas, contará coas intervencións do director xeral do Igape, do subdirector xeral de Proxectos Tractores do Igape, así como exposición de experiencias empresariais. Ao final desta entrada pode descargarse en pdf programa completo.
A asistencia á xornada pode realizarse na modalidade presencial ou online. En ambos os casos as prazas limitadas, polo que a inscrición é obrigatoria a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA OPORTUNIDADES PARA AS EMPRESAS NOS FONDOS NEXT GENERATION