Voltar atrás

Escrito o:

Novos cursos da CEL para desempregados

La CEL iniciará a semana próxima a súa programación formativa dirixida prioritariamente a desempregados (AFD) para el presente exercicio 2013, financiada a través do Fondo Social Europeo e a Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar e programada para facilitar a obtención de certificados de profesionalidade ós alumnos participantes.

No marco desta programación impartiranse sete accións formativas en diferentes materias, concretamente:


A duración destos cursos oscila entre as 648 e as 898 horas de formación, que se impartirán en horario de mañá ou de tarde, dependendo da acción formativa, entre os meses de maio e decembro do presente exercicio.

Son cursos que permitirán ós alumnos que os finalicen correctamente o acceso a un certificado de profesionalidade, titulación oficial válida en todo o territorio nacional que acredita determinadas competencias profesionais e que pode obterse a través de varias vías, entre elas a superación de módulos formativos ofertados por entidades como a confederación lucense.

Acceso

Para acceder como participantes a estas accións formativas, é requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego: é na súa oficina de emprego onde os interesados teñen que indicar o seu interese ou solicitar cada curso.

Ademáis, ó estar esta formación asociada a certificados de profesionalidad, esíxense uns requisitos mínimos de acceso, dependiendo do nivel de cualificación profesional de cada certificado, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo. No caso das accións formativas da CEL, esixiranse requisitos de nivel 3 (para o que se ten que estar en posesión dun título de Bacherelato, COU, FPII ou Grao Superior de FP) e de nivel 2 (titulación de ESO, 2º de BUP, FP I ou Grao Medio de FP), dependendo do curso.

No Centro de Formación da CEL (no teléfono 982 28 40 15 ou no e-mail formacion@cel.es) facilitase máis información e resolución de dúbidas sobre esta programación formativa.

Intersectorial

Por outra banda, a CEL está finalizando a programación formativa correspondente ó seu Plan Intersectorial 2012-2013, conformada por cursos dirixidos prioritariamente a traballadores en activo e en virtud do cal se impartirán máis de 3.800 horas de formación a máis de 540 alumnos.

Foto: Arquivo CEL (Cursos AFD 2012)