Escrito o:
Corenta persoas informáronse sobre ferramentas de coaching e benestar laboral nun evento na CEL
A sede central da CEL acolleu onte unha conferencia gratuíta que, baixo o título "Como cambiar de vida sen cambiar de traballo", informou sobre ferramentas útiles para mellorar o rendemento profesional e o benestar persoal.
Esta conferencia enmarcábase no Tour 2022 que o Instituto Ben Pensante está a realizar polas principais cidades galegas e contaba coa colaboración do Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL.
Un total de corenta persoas, dez presencialmente e o resto vía online, asistiron a este encontro que contou coa participación de tres Coach: Marcela Parga, trainer para España da International Coaching Community, ademais de avogada e mediadora cunha dilatada traxectoria profesonal; Raquel Hermida, directora executiva de Academia A Mariña e relatora especializada en recursos humanos, habilitades de motivación, crecemento persoal e profesional; e Marcos Neira, diplomado en Relacións Laborais e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais cunha ampla experiencia como traballador no mundo laboral, sobre todo desempeñando postos de responsabilidade na área de Recursos Humanos.
Os tres expertos coincidiron en destacar a importancia do auto-observación, escoita activa e a autoescoita o traballo da confianza para a mellora do benestar persoal. Tamén falaron do traballo en equipo e a correcta xestión de conflitos ou do deporte como fonte de saúde mental, entroutros.