Escrito o:
CONFERENCIA | Coaching Lugo 2022
O Instituto Ben Pensante organiza, para o próximo día 23 de marzo, mércores, en Lugo, unha conferencia gratuíta que, baixo o título "Como cambiar de vida sen cambiar de traballo", informará sobre ferramentas útiles para mellorar o rendemento profesional e o benestar persoal.
Esta conferencia enmárcase no Tour 2022 do Instituto Ben Pensante está a realizar polas principais cidades galegas e conta coa colaboración do Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL.
A cita de Lugo, que terá lugar na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Plana) e se prolongará de 16:30 a 18:30 horas, contará coa participación de tres Coach: Marcela Parga, trainer para España da International Coaching Community, ademais de avogada e mediadora cunha dilatada traxectoria profesonal; Raquel Hermida, directora executiva de Academia A Mariña e relatora especializada en recursos humanos, habilitades de motivación, crecemento persoal e profesional; e Marcos Neira, diplomado en Relacións Laborais e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais cunha ampla experiencia como traballador no mundo laboral, sobre todo desempeñando postos de responsabilidade na área de Recursos Humanos.
No transcurso da conferencia abordaranse contidos como:
- Xestión da tensión
- Equipos
- Liderado
- Coaching para executivos
- Benestar no traballo
Admítese a asistencia presencial e online, aínda que se recomenda a primeira opción para un óptimo aproveitamento dos contidos a tratar.
As prazas son limitadas e é imprescindible inscrición na seguinte ligazón: