Escrito o:
SEMINARIO | Dixitalización e Robotización
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva iniciadas o pasado ano cun o curso "Protección de datos das persoas traballadoras", o seminario "Dixitalización e Robotización: a fin do traballo tal e como o coñecemos?".
Este seminario profundará en temas como as implicacións laborais da dixitalización e a automatización, os traballos en plataforma (riders), a gobernanza da dixitalización a través da negociación colectiva, entre outros. Analizaranse tamén casos de éxito de empresas nos seus procesos de dixitalización.
A través do seu programa, esta acción formativa persegue facilitar aos alumnos un maior coñecemento do que supón a dixitalización e a robotización, o traballo en plataformas colaborativas e outros aspectos deste tipo de procesos, tratando de reducir a fenda dixital que pode existir en moitos traballadores e levándolles a ver as novas formas de traballo como unha oportunidade e non unha ameaza. Analizaranse en profundidade as implicacións destes cambios e reflexionarase sobre o futuro do mercado laboral.
O curso terá lugar en modalidade presencial en Lugo, nas instalacións da Escola de Empresarios da CEL, os días 25 e 26 de marzo e 1 e 2 de abril de 2022, en horario de 16 a 20 horas os venres, e de 8:30 a 14:30 os sábados. Máis información no programa descargable ao final desta entrada.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón: