Escrito o:
Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral 2022
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) mantén activo neste exercicio 2022 o seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral, un servizo posto en marcha pola organización empresarial co financiamento da Xunta de Galicia para facilitar información e asesoramento ás empresas da provincia de Lugo en materia de prevención de riscos laborais.
A través do Gabinete, a entidade elabora informes e publicacións especializadas; facilita asesoramento técnico e normativo ás empresas, en especial a pemes e micropemes, así como a autónomos e emprendedores, a través de persoal especializado ou realiza diversas actividades de difusión da cultura preventiva, entre outras accións.
A CEL lembra que o servizo é totalmente gratuíto para os ususarios, que poden contactar telefonicamente no 982231150 para realizar consultas ou pedir cita presencial.