Voltar atrás

Escrito o:

Xestión do cambio: ferramentas, técnicas e estratexias

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, organiza entre os meses de novembro e decembro unha acción formativa sobre "Xestión do cambio: ferramentas, técnicas e estratexias". Enmarcada na programación de formación empresarial post COVID-19, abordará cuestións relacionadas cos modelos de organización, a xestión de equipos e o coaching de cara a facilitar ao alumnado ferramentas para saber actuar fronte aos factores humanos implicados en acciones de cambio, así como a planificar unha operación completa de cambio na organización que culmine con éxito.

Con inicio previsto para o día 29 de novembro, e de 30 horas totais, impartirase en modalidade de teleformación

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN

Destinada a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES. Máis info e programa descargable ao final desta entrada.