Voltar atrás

Escrito o:

CURSO | Protección de Datos das Persoas Traballadoras

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva, un novo curso formativo que abordará a Protección de Datos das Persoas Traballadoras.

O curso achegarase non só ao concepto e os dereitos e deberes que, con carácter xeral, teñen sobre os datos de carácter persoal empresa e traballadores senón, sobre todo, ao uso dos mesmos que se pode facer desde a fase previa ao comezo da actividade laboral, é dicir, no proceso de contratación, até a final da vida laboral, con especial atención ao que sucede cando a relación laboral está vixente. 

Entre outras cuestións, analizaranse en detalle temas como aspectos xerais da protección de datos; protección de datos nos procedementos de selección e contratación; protección de datos durante a relación laboral; control da actividade laboral (videovigilancia, geolocalización, detectives privados, etc.); acceso a datos por parte da representación unitaria e sindical dos traballadores ou xestión de datos na vixilancia da saúde. 

A CEL lembra que a lexislación comunitaria establece sancións por incumprimento das obrigacións en materia de protección de datos de carácter persoal que, segundo o tipo de infracción cometida, poden chegar a 10 ó 20 millóns de euros ou o 2% ou o 4% do volume de negocio da empresa.

O curso terá lugar en modalidade presencial en Lugo os días 19, 20, 26 e 27 de novembro de 2021, en horario de 16 a 20 horas os venres, e de 8:30 a 14:30 os sábados. Máis información no programa descargable ao final desta entrada.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PROTECCION DE DATOS DAS PERSOAS TRABALLADORAS