Voltar atrás

Escrito o:

Programa de Formación Empresarial Post COVID-19

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) pon en marcha, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, un programa formativo, digirido a empresarios e traballadores, orientado a fomentar a adquisición de novas competencias para deixar atrás a crise da COVID-19. 

Máis concretamente, a CEL impartirá en próximas datas as seguintes accións formativas:

                 FORMACIÓN 1.- "Xestión do Cambio: Ferramentas, Técnicas e Estratexias" (Teleformación: 30 horas) - Do 29 de novembro ao 20 de decembro de 2021
                 FORMACIÓN 2.- Influir e motivar equipos de traballo trala pandemia (Teleformación: 20 horas) - Del 1 al 15 de decembro de 2021
                 FORMACIÓN 3.- Prevención de Riscos Laborais en Teletraballo (Teleformación: 20 horas) - Do 2 ao 22 de decembro de 2021

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información picando nas ligazóns ou chamando ao 982 23 11 50.