Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA DE PRESENTACIÓN | Programa de Impulso á Innovación nas Pemes

Lugo acolle o próximo día 26 de outubro, martes, unha xornada de presentación do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes da Xunta de Galicia. Neste acto, organizado pola Axencia Galega de Innovación en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), detallarase tamén a posta enmarcha da iniciativa Camiño da Innovación.

Asemade, está prevista una mesacon tres empresas lucenses que presentarán a súas experiencias de éxito en innovación.

A xornada, que se emitirá en streaming, admite a asistencia presencial, mais as prazas son limitadas polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición,  que pode realizarse NESTA LIGAZÓN.

Máis info e programa completo descargable ao final desta entrada.